Holograma de autenticación
1
Cando mire ao holograma situado na etiqueta, deberá
ver o símbolo no que se unen as mans de Nokia dende
un ángulo e o logotipo de accesorios orixinais de Nokia
se o mira dende o outro ángulo.
2
Se inclina o holograma cara á esquerda, dereita, abaixo
e arriba, debería ver 1, 2, 3 e 4 puntos en cada lado
respectivamente.
A correcta realización dos pasos indicados non garante
totalmente a autenticidade da batería. Se non pode
confirmar a autenticidade ou se ten razóns para pensar que
a batería Nokia co símbolo na etiqueta non é unha batería
Nokia auténtica, non a utilice e envíea a un distribuidor ou
ao centro de servizo técnico máis próximo de Nokia para
recibir asistencia.
Para obter máis información verbo das baterías orixinais de
Nokia, visite a páxina web www.nokia.com/battery.