Chamadas de emerxencia
Importante: Este dispositivo funciona con sinais de radio,
redes sen fíos, redes terrestres e funcións programadas polo
usuario. Se o dispositivo admite chamadas de voz a través da
Internet (chamadas da Internet), active as chamadas da
Internet e o teléfono móbil. O dispositivo pode intentar
efectuar as chamadas de emerxencia a través das redes
móbiles e do fornecedor de chamadas da Internet se se
atopan activados ámbolos dous. Non se pode garantir que as
conexións funcionen en todas as condicións. Nunca dependa
unicamente dun dispositivo móbil para efectuar
comunicacións importantes, coma urxencias médicas.
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o seguinte:
1
Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe que
a intensidade do sinal é a axeitada. En función do
dispositivo, é posible que tamén necesite realizar o
seguinte:
•
Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo utiliza
unha.
•
Elimine as restricións das chamadas que estean
activadas no dispositivo.
•
Cambie o perfil Desconectado ou Voo a un perfil
activo.
2
Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para borrar
a pantalla e preparar o dispositivo para chamadas.
3
Insira o número de emerxencia da localidade na que se
atope. Os números de emerxencia poden variar en cada
localidade.
4
Prema a tecla Chamar.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite toda a
información necesaria do xeito máis preciso posible. É posible
que o seu dispositivo sen fíos sexa o único medio de
comunicación na escena dun accidente. Non finalice a
chamada ata que reciba permiso para facelo.