Nokia 1616 - Información xeral

background image

Información xeral
Verbo do dispositivo
A utilización do dispositivo sen fíos descrito nesta guía está

aprobada en redes EGSM de 900 e 1800 MHz. Póñase en

contacto co seu fornecedor de servizos para obter máis

información acerca das redes.

Aviso:

Para utilizar as funcións deste dispositivo, a excepción do

espertador, é necesario que se atope acendido. Non acenda

o dispositivo en lugares nos que poida provocar

interferencias ou poida supoñer un perigo.

Ao utilizar este dispositivo, obedeza todas as leis e respecte

os costumes locais, os dereitos de privacidade e lexítimos dos

demais, incluíndo os dereitos de autor. A protección dos

dereitos de autor pode evitar que algunhas imaxes, música e

outros contidos sexan copiados, modificados ou transferidos.

Faga copias de seguridade ou garde un rexistro por escrito

de toda a información importante almacenada no seu

dispositivo.

Cando se conecte a calquera outro dispositivo, lea esta guía

de usuario para obter instrucións de seguridade detalladas.

Non conecte produtos incompatibles.

É posible que as imaxes desta guía sexan distintas ás da

pantalla do dispositivo.

Servizos de rede
Para utilizar o dispositivo, cómpre dispoñer dos servizos dun

fornecedor de servizos sen fíos. Algunhas funcións non se

atopan dispoñibles en todas as redes; é posible que para

poder utilizar outras funcións sexa necesario establecer

acordos específicos co seu fornecedor de servizos. Os servizos

de rede implican a transmisión de datos. Comprobe co seu

fornecedor de servizos os detalles verbo de tarifas na súa rede

propia ou durante a itinerancia noutras redes. Este pode

explicarlle os importes que lle serán cargados polo servizo.

É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a

desactivación ou non activación de determinadas funcións no

dispositivo. En tal caso, as mencionadas funcións non

aparecerán no menú do dispositivo. Tamén é posible que o

dispositivo dispoña de elementos personalizados como os

nomes ou a orde dos menús e as iconas.

Asistencia técnica
Se desexa máis información acerca do uso do seu produto, ou

se non está seguro do funcionamento do seu teléfono,

consulte a guía do usuario, as páxinas de axuda en

www.nokia.com/support ou o sitio web de Nokia para o seu

país. Se prefire facelo dende o teléfono móbil, visite

www.nokia.mobi/support.

Se así non se resolve o seu problema, tente o seguinte:

Reinicie o teléfono: apague o teléfono e retire a batería.

Pasado un minuto, volva a colocar a batería e acenda o

teléfono.

Restableza a configuración orixinal de fábrica do modo

indicado na guía de usuario.

Se continúa sen resolver o problema, póñase en contacto con

Nokia para obter información acerca doutras opcións de

reparación. Consulte www.nokia.com/repair. Antes de enviar

a amañar o teléfono, lembre facer unha copia de seguridade

dos datos do teléfono.